Dos Acordes é unha empresa de servizos musicais establecida en Baiona (Pontevedra). A actividade da nosa empresa concrétase, actualmente, en tres sectores: o ensino da música, a edición musical, e o asesoramento cultural.
Dentro da nosa editora, o plan de publicacións inclúe desde partituras até materiais didáctico-educativos, e todo tipo de literatura, tanto técnica como ensaística, sobre música, así como a edición de material sonoro en diferentes soportes.